A literatura infantil e xuvenil de Galicia na FIL de Guadalaxara

IMG_20141204_071741-720x540

A literatura infantil e xuvenil de Galicia estivo representada na edición da Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (México) cunha delegación composta polos ilustradores David Pintor e Itziar Ezquieta; os escritores Luis Pousa e Miguel Anxo Murado e pola escritora María Solar, quen recibiu a nova durante a visita da concesión do Premio Lazarillo (outorgado pola OEPLI) deste ano pola obra O meu pesadelo favorito.

A delegación galega tivo un stand propio no pavillón internacional da FIL con diferentes propostas do sector editorial galego.

Fotografía da portada © Cortesía FIL Guadalajara/ Bernardo De Niz



Deixa unha resposta