Antonio Manuel Fraga faise co Primeiro Premio “Antón Risco” de literatura fantástica

O pasado 10 de decembro fallouse o I Premio “Antón Risco” de literatura fantástica convocado por Urco Editora en colaboración coa Fundación Vicente Risco, Sacaúntos Cooperativa Gráfica, Libraría Aira das Letras, Livraria Traga-Mundos, Pastelería Fina Rey e restaurante O Pingallo. Resultou gañador Antonio Manuel Fraga Allegue coa obra presentada baixo o título Querido H.P.L. Así mesmo, o xurado nomeu a obra finalista Peixe Babel, de Carlos Quiroga, para ser publicada no selo compostelán.

Reproducimos a seguir a nota do xurado:

 antonrisco

Fallo do Primeiro Premio “Antón Risco” de Literatura Fantástica
Reunido en Ourense, no Restaurante “O Pingallo”, a quinta-feira día 10 de decembro de 2015, o xurado formado por Mario Regueira, Isabel Mociño, Mila da Aira, António Ságue e Joâo Madureira e actuando como vocais da Urco editora e sen voto, Tomás González Ahola e David Cortizo Conde, decidiuse que, de entre as dezaoito obras recibidas, o primeiro premio Antón Risco de literatura fantástica recae sobre a obra presentada baixo o título “Querido H.P.L” que, logo da apertura da plica, resultou ser da autoría de Antonio Manuel Fraga Allegue.
Asemade, pola súa calidade, o xurado tamén decidiu nomear finalista a obra “Peixe Babel”, da autoría de Carlos Quiroga, que será premiada coa súa publicación.

En Ourense, 10 de decembro de 2015



Deixa unha resposta