Convócase o 1º Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade

AGUS

O pasado venres 21 de abril presentouse en Vilalba o 1º Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade convocado polo Instituto de Estudos Chairegos e o Concello de Vilalba. O premio, no que poderán participar todas as persoas, independentemente da súa idade e nacionalidade, que presenten narracións inéditas en lingua galega. As devanditas obras deben estar dirixidas a público infantil xuvenil e terán como eixo o compromiso pola igualdade de calquera tipo (xénero, raza, nacionalidade, etc). Establécese un único premio dotado con tres mil euros e o prazo de presentación ten dúas datas clave ben significativas, dende o 23 de abril, día do libro ata o 12 de xullo de 2017, primeiro cabodano de Agustín. A obra gañadora será editada por Edicións Xerais de Galicia.

Pódense consultar as bases do certame AQUÍ.



Deixa unha resposta