Dispoñible para descarga o númeroun de CRIATURAS

1

Coincidindo co Día do Libro, este 23 de abril lanzamos na rede o segundo número da Revista Criaturas. Desta vez os contidos xiran arredor do humor na literatura infantil e xuvenil. Queremos destacar de entre os contidos os dos fantásticos estudos sobre o humor na literatura infantil e xuvenil que realizan María Jesús Fernández e Carlos Nogueira no ámbito galego e portugués respectivamente. Volvemos optar polo formato da entrevista cruzada, desta vez coa presenza do escritor Francisco Castro e da actriz e escritora Paula Carballeira. Na sección de crítica poderedes atopar recensións de libros actuais e algún que outro clásico.

Podedes descargar o número entrando na sección REVISTAS. ou ben lela en liña dende a plataforma ISSUU

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!



Deixa unha resposta