María Jesús Fernández

IMG-20150202-WA0000_3

María Jesús Fernández Fernández.

Mestra. Socia fundadora de GALIX onde ocupou os cargos de vocal e vicepresidenta. Representando a esta asociación formou parte da Red de Selección, grupo de expertos en Literatura Infantil e Xuvenil de todo o Estado, promovido e patrocinado pola Fundación Germán Sánchez Riupérez. É colaboradora habitual da revista CLIJ na que se encarga de reseñar e comentar as novidades da LIXGA. Ten colaboracións noutras revistas como Fadamorgana, Peonza, Platero, Revista Galega de Educación. Foi coordinadora do Seminario Papeles de Literatura Infantil, grupo responsable da revista do mesmo nome editada polo Concello de A Coruña, e dos Salóns do Libro Infantil e Xuvenil que tiveron lugar nesa cidade. Ten traducido ao castelán obra de Fina Casalderrey, Xabier P. Docampo, Pepe Carballude, Agustín Fernández Paz, Jaureguízar, Ramón Caride, Xosé A. Neira Cruz, Daniel Ameixeiro, Francisco Fernández Naval e Xosé Miranda. Forma parte do consello de redacción da revista Criaturas. No ano 2004 recibiu o Premio Xerais á cooperación no labor editorial polo seu traballo como crítica literaria.