Montse Pena Presas

Montserrat_Pena_Presas_(AELG)-1Montse Pena Presas (Sada, 1981)

Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, ten o Diploma de Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Actualmente, traballa como profesora no Departamento de Didáctica da Lingua e das Ciencias Sociais da USC.

No eido da crítica literaria, colabora en diferentes suplementos culturais e revistas especializadas (Grial, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos etc.)Foi coordinadora de redacción de Fadamorgana e actualmente forma parte do consello editorial da Revista Criaturas.