Polo Nadal, Volve Criaturas #númerodous da Revista Criaturas xa na rede!

 

numerodous_portada

VOLVE CRIATURAS!

Chega o nadal, hai case un ano que estamos na rede con moito esforzo, non obstante non queriamos despedir este ano tan fermoso sen facervos un galano, un agasallo moi especial para estas festas. Si, adiviñastes! O #númerodous da Revista Criaturas xa está na rede. Desta volta cunha interesante análise das figuras do Nadal por Antonio Reigosa con ilustracións cedidas por Noemí López. Falamos tamén sobre Espazo Lectura, unha das iniciativas máis fermosas arredor da lectura que se dan no noso país. Contamos tamén coa colaboración de varias ilustradoras e ilustradores que quixeron felicitarvos o Nadal a través das súas personaxes.

No noso habitual Cara a Cara enfrontamos a unha intensa conversa nos Numax de Compostela a Antonio Manuel Fraga e Miguel Mosqueira. A parte monográfica do número péchase coas habituais constelacións que nos trae Mar García, con toda unha galaxia de libros arredor do Nadal.

No apartado de crítica tratamos textos de Fina Casalderrey, Pepe e Berta Cáccamo, Jan Pienkowski e Antonio garcía Teijeiro, Antonio Reigosa e Xosé Cobas.

Dedicamos un espazo á Maribel e Gonzalo, libreiros de Cartabón en Vigo.

E UNHA MARABILLOSA SORPRESA

Pechamos o número cunha colectánea de relatos de varias autoras e autores que accederon a colaborar connosco nunha proposta novidosa na revista na que entra de cheo a creación.

A PORTADA

Queremos agradecer moi especialmente o traballo de Pedro Díaz Lorenzo, quen quixo ilustrarnos unha portada fantástica e que, cremos, fai deste #númerodous unha edición redonda da Revista Criaturas.

 

Agardamos que gocedes lendo tanto coma nós preparándoa!

Podedes descargar o número entrando na sección REVISTAS. ou ben lela en liña dende a plataforma ISSUU

 

FELIZ NADAL!



Deixa unha resposta