Polomenosunlibro Isaac Xubín, Mercedes Queixas e Mariña

Cinco de xaneiro. O nadal remata e polo tanto esta pequena campaña que inauguramos o día 22 de decembro do pasado ano. Polomenosunlibro despídese e nós non podemos facer outra cousa que agradecer a todas as persoas que cederon os seus rostros e o seu tempo para recomendar libros de literatura infantil e xuvenil en galego. Así mesmo queremos agradecer a todas as persoas que nas redes sociais se foron sumando a esta pequena idea.

Somos realistas, sabemos que todo este esforzo é só un pequeno gran de area. Mais a idea de Criaturas é sempre sumar, por pouco que sexa, esforzos arredor das nosas letras.

Hoxe, as recomendacións véñennos por unha banda de Isaac Xubín e Mercedes Queixas Zás, acompañada de Mariña.

Isaac Xubín. Poeta e tradutor. No ano 2011 gañou o certame de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón coa obra Con gume de folla húmida (Sotelo Blanco). No pasado 2014 traduciu a primeira antoloxía bilingüe en galego-éuscaro do poeta Joseba Sarrionandía co título Tempo de exilio (Factoría K). Recoméndanos o libro Arnoia, Arnoia, de Xose Luís Méndez Ferrín (Edicións Xerais).

isaacxubin

“O Libredón, a selva de Brocelandia, Mestre Lionel, minas, xigantes e espadas que teñen nome. ‘Arnoia, Arnoia’ é unha fermosa porta para entrar a Tagen Ata e o mundo marabilloso de XL Méndez Ferrín, un dos cumios das nosas letras”.

Mercedes Queixas Zás. Profesora de ensino medio, escritora e secretaria xeral da Asociaciación de Escritoras/es en lingua galega. Recoméndanos o libro A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar e Xosé Cobas (Biblos). Na imaxe sae con Mariña, quen nos quere recomendar Os Megatoxos, de Anxo Fariña (Edicións Xerais).

20150103_133250

Sobre A pantasma da casa da Matanza: “Recoméndoo porque presenta, entrelazando unha estética ilustradora delicada e atraente cuns versos rítmicos moi ben levados, unha Casa da Matanza chea de vida en que a personificada Negra Sombra nos presenta a primeira Rosalía de Castro”.

Sobre Os Megatoxos: “Os megatoxos é un libro, unha colección de libros que deixan a pel de galiña. Non é do tipo de libros en que a trama ou o nó empeza na páxina 140. Non, este libro dende o principio tenta para non deixar de lelo (e dígocho eu que só con ver a portada puxenme amor-agregar-a-favoritos-agregar-a-favoritos-corazon-icono-5524-96



Deixa unha resposta