Polomenosunlibro María Reimóndez e Xosé Daniel Costas Currás

Continuamos a recomendar libros en galego para agasallar neste Nadal. Tanto ten que sexa o día de Nadal (que xa pasou), como agasallo do apalpador, dos reis magos, de fin de ano, de aninovo ou simplemente por que si, un libro sempre é un gran agasallo. Hoxe escoitamos as recomendacións de María Reimóndez e Xose Daniel Costas Currás.

María Reimóndez. Escritora e coñecida activista. É fundadora da ONG Implicadas no desenvolvemento, neste ano dous mil catorce gañou o Prmio Xerais de Novela pola obra Dende o conflito e o premio de novela por entregas de La voz de Galicia. Recomenda o libro Bisa Bea Bisa Bel de Ana María Machado. Aínda que non puido resistirse a fotografarse con outras dúas recomendacións (Xela volveuse vampira e O faro de arealonga).

 

maria reimondez

“Aínda que creo que hai avoas moito máis avanzadas ca as súas netas, por desgraza, esta conversa entre tres xeracións non ten desperdicio e fala moito do que a min me pasaba pola cabeza a certas idades”.

 Xose Daniel Costas Currás. Poeta e incansable dinamizador literario en Moaña. Pertence á Lonza Literaria de Moaña e a Poetas da Hostia. Entre as súas obras atopamos Monicreques. Premio de poesía Novacaixagalicia do ano 2012. Recoméndanos a obra de María Lado Porque Cuqui non quere ir a lavadora (Apiario, 2014).

10866844_906914995985592_2079400226_n

“Este fermoso  libro de María Lado, ilustrado por Yanina Torres é o conto que non debe perderse ningún neno e o poema que todos quixéramos escribir. O amor como excusa inxénua, unha oportunidade para coñecer o valor das cousas pequenas que se converten en grandes. Ademáis poderedes disfrutar do voso propio Cuqui, convídavos a construír o voso peluxe e sufrir para sempre a historia”.



Deixa unha resposta