#polomenosunlibro María Solar e Antonio Manuel Fraga

Continuamos a recomendar libros en galego para que regaledes este Nadal. Nesta ocasión escoitamos as palabras de María Solar e Antonio Manuel Fraga.

María Solar. Escritora e presentadora de radio e televisión de diversos espazos na CRTVG. Vén de gañar o premio Lazarillo coa obra O meu pesadelo favorito. Recomenda o libro As señoras cousas, de Helena Villar Janeiro (Editorial Galaxia).

cousas

As señoras cousas chegan para aprenderlle os sons da poesía aos máis pequenos. Versos para ler ou lerlles, aptos para todas as idades e imprescindibles para que os nosos cativos descubran desde ben pequenos que a poesía é tan natural como as cancións. Helena Villar Janeiro fai elegante poesía do cotiá, como cotiá debe ser a poesía entre os libros dos máis novos”.

 

Antonio Manuel Fraga. Enxeñeiro industrial e escritor. Acadou o Premio Merlín de literatura infantil no ano 2013. Recoméndanos O sombreiro do mago, de Tove Jansson (Sushi Books)

O sombreiro do mago (2)

“Por moi mal tempo que vaia, sempre é un pracer refuxiarse no Val Mumin. Nesta ocasión, a aparición dun misterioso sombreiro é a lapa que prende unha aventura que (coma todas as dos Mumin) combina amizade, diversión e respecto polos demais”.



Deixa unha resposta