Polomenosunlibro Pere Tobaruela e Santiago Ferragud

Alédanos ver que en tantas casas do noso país hai xente que pensa nos libros como unha fonte inesgotable de aventura e aprendizaxe. Desta volta un escritor catalán Pere Tobaruela e un músico, Santiago Ferragud da formación Xardín desordenado.

Pere Tobaruela. Escritor catalán afincado en Galicia cunha obra ampla tanto en catalán como en galego. É autor xunto co ilustrador Andrés Meixide da colección formig4s, de recente aparición en Edicións Xerais. Recomenda o libro O espírito do cabaleiro, de Cornelia Funke (Edicións Xerais).

pere tobaruela

“Textos e ilustracións en harmonía para dar vida a unha literatura preciosista que fai voar o lector”.

Santiago Ferragud. Músico incansable e comprometido. É compoñente xunto a Marlene Rodrigues da formación Xardín Desordenado, encargada de musicar a varias xeracións de poetas en lingua galega. Recoméndanos un álbum ilustrado de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso: O soño de Esther (Nova Galicia Edicións).
ferragud

“Miguel Angel Alonso e Luz Veloso non publican libros: crean universos. Coas fermosas palabras de Miguel e os hipnóticos debuxos de Lus, condúcennos sempre a lugares de soños, de ensinanzas, e de boas sensacións. Un libro ledicioso O soño de Esther (os meus netos xa o teñen)”



Deixa unha resposta