Polomenosunlibro Mario Regueira e Pedro Feijoo

Xa catro de xaneiro. Hoxe a penúltima recomendación desta campaña. Hoxe coa axuda de Mario Regueira e Pedro Feijóo.

Mario Regueira. Escritor e crítico literario no semanario Sermos Galiza. A súa última novela Outono aquí (Sotelo Blanco) foi galardoada co premio Lueiro Rey de novela curta. Recoméndanos o libro Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia costas (Edicións Xerais).

Escarlatina

“Entre os tópicos da galeguidade cóntase sempre o gusto polo gastronomía e a estreita relación co alén mundo. Por incríbel que pareza, Escarlatina, a cociñeira defunta consegue arrexuntalos e adubalos cunha dose de aventuras e diversión. Unha das apostas máis orixinais do ano!”

Pedro Feijoo. Músico e escritor. Formou parte de proxectos como Los Feliz ou Lamatumbá. No ano 2012 deu ao prelo a súa primeira e exitosa novela Os fillos do mar (Edicións Xerais). Recoméndanos o libro A sombra cazadora, de Suso de Toro (Edicións Xerais).

Pedro Feijoo

 

“Suso de Toro xa nos amosara a moitos que era posible un novo xeito de facer literatura en galego con aquel fantástico “Polaroid”. Pero con “A sombra cazadora”, especie de encontro galego onde o mito de Teseo era revisitado desde unha óptica máis propia da ciencia-ficción, Suso, xa convertido naquel estraño, misterioso e polémico personaxe que sempre aparecía cunhas gafas de sol, terminou de encandilarnos a toda a rapazada, confirmándonos que, ademais, tamén había unha nova LIX de nós. Por se isto for pouco, este título supuxo o inicio da colección “Fóra de xogo”, soberbio catálogo e panorama imprescindible para coñecer, aínda hoxe, boa parte da nosa LIX”.



Deixa unha resposta