Presentación en sociedade

10389494_1584288721784202_8355653122412265102_n

O pasado sábado 6 de decembro a revista Criaturas fixo a súa presentación oficial ao mundo no marco da celebración da Feira das Industrias Culturais ‘Culturgal’. Dende aquí queremos agradecer primeiramente á organización que nos permitise este lugar para dar a coñecer esta publicación. Na mesa de presentación estiveron presentes Ledicia Costas, Montse Pena Presas, Xabier P. Docampo, Laura Sáez e Daniel Landesa, en representación do Consello Editorial da Revista.

Ao longo dos tres días da feira repartíronse chapas e colocáronseos monstruosos marcos conmemorativos que aparecen na imaxes que ilustra este artigo, cos que o público do Culturgal puido fotografarse libremente.

Ese mesmo sábado 6 de decembro activábamos este sitio web que se viu desbordado de visitas o cal nos obrigou a estar fóra da rede durante un par de días para poder dotar a páxina das características técnicas necesarias para poder soportar un volume de visitas moito maior do agardado. Grazas a todas e a todos os que nos puxestes neste pequeno apreto, para nós foi un pracer inmenso comprobar o interese que suscitou a saída deste número cero da revista Criaturas.

Anunciamos tamén que a mudanza ao dominio.gal está moi próxima.

 



Deixa unha resposta